986 86 59 90

Polo menos, esa é a miña sensación. Despois de varias reunións entre a Dirección Xeral de Xustiza e os representantes do Colexio de Avogados de Pontevedra, o venres 27 de abril decidiuse deixar sen efecto as medidas adoptadas por parte dos colexiados. A boa disposición da administración para resolver o conflito, e o compromiso por parte das autoridades de estudar a fondo as reclamacións de devolucións do xa percibido foi valorado positivamente pola Xunta de Goberno e os Delegados dos Partidos Xudiciais para tomar a decisión (por maioría, que non por unanimidade) de deixar sen efecto a medida acordada no seu día de darnos de baixa na Quenda de Oficio. Por parte da Xunta de Galicia, polo de agora, non escoitei nin lin ningunha manifestación ó respecto, así que, persoalmente, non teño moi clara cal foi esa boa vontade demostrada pola administración. Así que, pola miña parte, non podo deixar de ter a sensación de que ó final achantamos, coma sempre, ante as boas palabras. Espero sinceramente que o tempo me quite a razón.