986 86 59 90

Que é a violencia contra a muller?

As Nacións Unidas definen a violencia contra a muller como todo acto de violencia de xénero que resulte, ou poida ter como resultado, un dano físico, sexual ou psicolóxico para a muller, incluídas as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como privada.

Porque hai un día de eliminación da violencia contra a muller?

Para denunciar a existencia da violencia que se exerce sobre as mulleres, só polo feito de ser mulleres, así como a reclamación de políticas para a súa erradicación.

Onde se conmemora?

En todo o mundo, dende que en 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na súa Resolución 54/134, de 17 de decembro, invita a gobernos e organizacións non gobernamentais a convocar actividades dirixidas a sensibilizar sobre este grave problema.

Porque o 25 de novembro?

Porque este reivindicación foi iniciada polo movemento feminista iberoamericano en 1981, en conmemoración da data na que foron asasinadas na República Dominicana as irmás Patricia, Minerva e María Teresa Mirabal.

Que facemos en SC Avogados?

En SC Avogados loitamos contra a violencia de xénero tanto como avogadas particulares, como por formar parte da quenda especial de asistencia a vítimas de violencia de xénero do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra; para o cal estamos en permanente formación.