986 86 59 90

Política de Privacidade

En SC Avogados traballamos para garantir a privacidade no tratamento dos seus datos persoais. Por iso, tratamos de informarlle do xeito máis sinxelo posible de como se recopilan, usan e custodian os datos das persoas que contactan con este despacho. A finalidade do presente aviso legal é informar das condicións de uso do presente sitio web, de conformidade co establecido na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE).

  1. Responsable do tratamento. Infórmase a todos aqueles que faciliten datos de carácter persoal a SC Avogados tanto ao acceder a esta páxina web como a través das redes sociais que o tratamento dos seus datos é realizado por:
    Responsable: Mª Salomé Cancela Romero.
    Nome Comercial: SC Avogados
    N.I.F: 35.303.392-W
    Enderezo: rúa Gagos de Mendoza nº2, 51, oficina 1-2 de Pontevedra.
    Teléfono: 986 865990
    Correo electrónico: info@scavogados.com
  2. Finalidade do tratamento. O tratamento dos datos realízase coas seguintes finalidades, en función do motivo polo que se teñan facilitado:
    1. contactar co remitente da información, dar resposta á súa solicitude, petición ou consulta, e xestionar a publicación de consultas ou comentarios.
    2. levar a cabo a prestación dos servicios solicitados, así como a súa facturación e cobro.

    Tamén se recollen outros datos non identificativos que se obteñen mediante algunhas cookies que se descargan no ordenador do usuario cando navega por esta web, tal como se detalla na Política de Cookies.
    O interesado poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou supresión, oposición, limitación de tratamento ou portabilidade de datos nos enderezos postal ou electrónico sinalados no punto 1 por medio de escrito asinado ao que se acompañara copia do documento de identidade.
    Informase tamén do dereito a presentar reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos cando así se considere.

  3. Duración do tratamento de datos. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación profesional, ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais.
  4. Lexitimación para o tratamento de datos. A base legal para o tratamento de datos é a execución da prestación do servizo correspondente. Só de xeito excepcional se utilizarán os datos personais para realizar promocións ou publicidade relativa única e exclusivamente a actividade profesional do responsable de tratamento.
  5. Comunicación dos datos. Os datos non se cederán a terceiros, salvo naqueles casos nos que exista unha obriga legal.
  6. Empresas de servizos. Aos únicos efectos de manter aberta a presente páxina web, SC Avogados comparte datos cos seguintes prestadores de servizos:
    1. Servizos de Dominios e Hosting: [nome empresa + web]. Trata a información dispoñible nos equipos informáticos que dan soporte aos tratamentos de datos realizados na web de SC Avogados (www.scavogados.com).
    2. Plataforma web: WordPress (https://wordpress.org/), con desarrollo de los temas GeneratePress Premium (https://generatepress.com/premium/) y Elementor Pro (https://elementor.com/pro/). Ambos temas tratan os datos coa finalidade de realizar servizos de soporte a www.scavogados.com.
    3. Google Analytics: Ferramenta de analítica web da empresa Google (https://policies.google.com/privacy/). Utiliza cookies: arquivos de texto que se instalan no ordenador do usuario mediante os que obtén información agrupada do tráfico que chega aos sitios web segundo audiencia, adquisición, comportamento e conversións. A información xerada polas cookies sobre o uso feito de www.scavogados.com, incluíndo a súa dirección IP, son directamente arquivados por Google nos seus servidores.
  7. Exactitude e veracidade dos datos. O usuario é o único responsable da veracidade e corrección dos datos que remite a www.scavogados.com, exonerando a titular dos mesmo de calquera responsabilidade ao respecto.
  8. Datos de terceiros. Se o usuario facilita datos de terceiros asume a responsabilidade de informarlles previamente da normativa en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal.
  9. Propiedade intelectual e industrial. As marcas, deseños, logos, iconas, software, nomes comerciais, nomes de dominio e similares son titularidade de Mª Salomé Cancela Romero, ou de terceiros que autorizan debidamente a súa inclusión.
    O contido está publicado coa licencia Creative Commons CC BY-SA, que permite a outros mesturar,modificar e desenvolver a súa obra incluso para propósitos comerciais sempre que atribúan o crédito a SC Avogados e licencien as súas novas obras baixo idénticos termos.
  10. Lei aplicable e xurisdición. Para a resolución das controversias ou conflitos relacionados coa presente web será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes; así como á competencia dos xulgados e tribunais do partido xudicial de Pontevedra (salvo normativa específica en materia de protección de consumidores e usuarios).