O teu despacho de avogados en Pontevedra
A nosa filosofía
Acompañamos aos nosos clientes na xestión das cuestións xurídicas ás que deban enfrontarse, tratando de conseguir a mellor solución posible para os seus intereses.
A nosa misión
SC Avogados é un despacho de avogados de Pontevedra cidade no que prestamos servizos de asesoramento xurídico e intervención en procedementos xudiciais.
Áreas de actuación
Administrativo
Axudamos aos nosos clientes nas súas relacións coa Administración (local, autonómica ou estatal) en todo tipo de procedementos.
Civil
Asesoramento e defensa xurídica en todo o relativo ás relacións personais e patrimonais entre as persoa,s físicas ou xurídicas.
Mercantil e societario
Atención a autónomos e pequenos e medianos empresarios en todo o relativo aos actos de comercio.
Laboral
Ocupámonos de todo o relativo ás relacións de traballo, tanto dende o punto de vista da empresa como do traballador.
Penal
Acompañamos á vítima dende que quere presentar unha denuncia; e as persoas investigadas dende que se inician actuacións na súa contra.
Seguridade Social
Tramitación de todo tipo de prestacións (estatales ou autonómicas) en fase administrativa ou xudicial.
O noso obxectivo
Para a cidadanía en xeral, todo o relacionado co mundo do dereito e da administración de xustiza é de difícil comprensión. Aspiramos a que os nosos clientes comprendan cada un dos procedementos que deban seguir, e os pasos dos mesmos, de xeito que poidan sentirse tranquilos, seguros e confiados.
Avogados
Salomé Cancela Romero
Avogada (por devoción), exercente por conta propia dende 1995
Lourdes Ignacio Ponce
Avogada exercente por conta propio dende o ano 2008.
Gagos de Mendoza, 2 – 5º Oficinas 1-2, 36001 Pontevedra, Galicia
+34 986 865 990