986 86 59 90

Querido Lexnet:

Xusto onte lin unha nova na que o titular do Ministerio de Justicia, Rafael Catalá, falaba da obligatoriedade de que os operadores xurídicos se relacionasen coa administración de xustiza de maneira electrónica a partires do 1 de xaneiro do 2016; e xa podes supoñer a miña reacción, pois non é a primeira vez que che fago saber dun xeito ou outro, meu ben querido Lexnet, as eivas que eu vou atopando no funcionamento do sistema. Así que imaxina como me sentín despois do que me pasou esta mañá no xulgado: este tipo está a rirse de min!, pensei.

A cousa foi tal que así: mentres acompañaba a un cliente ao xulgado para que outorgase un poder ao meu favor, mantiven coa funcionaria que me atendía unha conversa máis ou menos como a que segue:

-o teu enderezo, para notificacións?.

-estou de alta en #Lexnet -contesto mentres sorrío.

-ai, non, contigo #Lexnet, non -di a funcionaria, mentres mira á súa compañeira que levanta a cabeza do que está a facer, mira para a colega, e despois para min, á vez que move a cabeza de esquerda a dereita.

-como que non? -digo eu-. Se xa levo tempo de alta e presentando escritos.

– si, xa nos teñen chegado escritos teus -contesta ela-, pero cada vez que queremos facer algunha notificación nun procedemento vía Lexnet no que ti apareces, esta é rexeitada, así que temos que eliminarte da comunicación para poder mandala ao Fogasa, por exemplo, telematicamente, e a ti enviámoscha por correo ordinario.

-non entendo nada, noutros xulgados están a notificarme sen problemas dese xeito.

-ah, pois será noutros que van máis adiantados.

-como máis adiantados? Eu estou a falar doutros xulgados de aquí, de Pontevedra.

-pois non che sei -puxo fin ela á conversa-. A nós é o que nos pasa.

E de repente, sentinme como o rapaz do vídeo, si, aquel do contigo no, bicho!.

SC Avogados Querido Lexnet: como que "contigo no, bicho"?  Iso si, cando de volta ao despacho me enterei das novas declaracións do Ministro, xa quedei máis tranquila. Ou non?