986 86 59 90

O outro día, despois dunha Xunta Xeral do máis reivindicativa, que tivo lugar o pasado 21 de abril no Colexio de Avogados de Pontevedra, puiden comprobar como o descontento co funcionamento da quenda de oficio non é unha cuestión persoal, senón xeral. Así despois de máis de dúas horas de intervencións, acordouse o seguinte:

  1. Esixir á Xunta de Galicia o abono inmediato dos asuntos correspondentes ó terceiro cuadrimestre do 2006, pendentes de pago.
  2. Esixir a constitución dunha mesa de negociación para a reforma da regulación da Quenda de Oficio e a Asistencia Xurídica Gratuíta na Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Esixir de la Xunta de Galicia o abono de todas as asistencias a detidos.

De non haber contestación satisfactoria por parte da Xunta de Galicia ás reivindicacións anteriores, procederase á baixa masiva dos letrados (uns catrocentos) dos servizos de Quenda de Oficio e Servizo de Orientación Xurídica con fecha 30 de abril de 2007, con efecto a partires do 1 de maio. Aínda así, se houbera contestación por parte da administración, será a Xunta de Goberno do Colexio de Avogados de Pontevedra e os delegados dos partidos xudiciais os que tomen a decisión de seguir ou non adiante coa medida de presión adoptada. Agora, é a Dirección Xeral de Xustiza quen ten a palabra.