A miña falta de formación lingüística impídeme defender cos argumentos necesarios o que penso sobre feminizar a linguaxe. Ven isto a conto, como é fácil supoñer, non xa despois do erro cometido pola Ministra de Igualdade Bibiana Aído, senón pola defensa que a posteriori fixo das súas palabras. Quen me coñece sabe que creo firmemente na igualdade das persoas independentemente do seu sexo; pero non porque o diga o artigo 14 de Constitución, senón porque dende sempre souben que non era menos que un home. Traballo nun mundo no que non hai tanto tempo a presenza das mulleres era meramente anecdótica, e non hai moitos anos que unha clienta do quenda de oficio, xa dunha idade, me confesou que “moito rezara para que lle tocara un home”, no convencemento de que unha muller está menos capacitada para ser avogado. É difícil desfacerse dos prexuízos da xente, pero non penso que o respecto se gañe a base de esnaquizar un idioma. E, persoalmente, non quero chegar a ser nunca miembra de nada.
A alma da toga
Reflexións dunha avogado nunha pequena cidade