986 86 59 90
SC Avogados Quen somos

Quen somos

En SC Avogados entendemos a avogacía como un servizo clave na sociedade actual, pois todas as nosas relacións cos demais, tanto a nivel particular como profesional están directamente relacionadas co mundo do dereito e teñen efectos legais. Por iso, consideramos o asesoramento como unha das nosas funcións fundamentais; tanto para evitar futuros conflitos, como para xestionar do xeito máis adecuados as cuestión ás que debamos enfrontarnos no día a día. E cando chegamos tarde é o procedemento xudicial non é evitable, vivimos co cliente ese proceso dun xeito personalizado.

Socios

SC Avogados Quen somos
SC Avogados Quen somos

Mª Salomé Cancela Romero

Avogada (por devoción) exercente por conta propia dende 1995. Adscrita á quenda de oficio do ICA Pontevedra dende 1999, por entender a xustiza gratuíta como contribución a materializar o dereito de todos os cidadáns a unha tutela xudicial efectiva; con especial atención á asistencia a vítimas de violencia de xénero.
Ampla experiencia nas áreas de actuación referidas; en particular ás áreas de dereito penal e laboral. En continua formación.

Titulación

Licenciada en dereito (Facultad de Derecho, Universidad de Salamanca).

Colexiada

2035 ICA Pontevedra

Outras titulacións

– Administradora Concursal
– Mediadora de Familia (Xunta de Galicia, ICA Pontevedra)
– Mediadora en especialidades civil, mercantil e familiar (Rexistro de Mediadores e Institución de Mediación do Ministerio de Xustiza).

SC Avogados Quen somos

Lourdes Ignacio Ponce

Avogada exercente por conta propio dende o ano 2008 no despacho SC Avogados onde desenvolveu a súa carreira profesional. Conta con ampla experiencia nas áreas de dereito civil, laboral, penal e administrativo (en especial, na área de estranxeiría). De igual xeito, exerce como avogada nas listas da quenda de oficio do ICA Pontevedra dende o ano 2011 nas especialidades de dereito civil, penal, administrativo e penal.
O seu obxetivo profesional é prestar un servizo de calidade, asumindo con responsabilidade e ética profesional todos os asuntos que se lle encomendan.

Titulación

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela

Colexiada

2976 ICA Pontevedra

O despacho

SC Avogados é un despacho profesional orientado principalmente a particulares e pequena e mediana empresa. Prestamos á nosa clientela un servizo integral, dende o asesoramento previo ata a defensa ante xulgados e tribunais, e calquera administración ou organismo público ou privado.
Para iso, contamos non só cos recursos propios do despacho senón tamén coa colaboración de profesionais de outros ámbitos cando así o require o problema ou conflito cuxa resolución nos é encargada.
A sede física do despacho está en Pontevedra (Galicia), pero a tecnoloxía actual permítenos atender a clientes de calquera lugar. Ademais, temos dispoñibilidade para desprazarnos persoalmente tanto dentro como fóra de Galicia cando os intereses do cliente así o requiran.

SC Avogados Quen somos

Gagos de Mendoza, 2 – 5º Oficinas 1-2, 36001 Pontevedra, Galicia