SC Avogados

Servizos xurídicos integrais para particulares e PEME

Civil

Dereito Civil

  • Redacción de contratos privados e preparación de minutas para escrituras notariais.
  • Reclamacións de cantidade derivadas de non pagamentos; intentando a resolución extraxudicial do conflito sempre que sexa posíbel. Especial atención ao procedemento monitorio.
  • Arrendamentos urbanos e propiedade horizontal. Dereitos reais.
  • Dereito de familia e matrimonial: separacións e divorcios, e resolución de conflitos derivados da ruptura de parellas con relación análoga á matrimonial; filiación e paternidade. Mediación familiar.
  • Cuestións de capacidade.
  • Sucesións: asesoramento na redacción de disposicións mortis causa, con especial atención á Lei de Dereito Civil de Galicia; aceptación e partición de herdanza e declaración de herdeiros. Tramitación de Impostos de Sucesión.
  • Reclamación de responsabilidade civil en caso de accidente de tráfico.