986 86 59 90

Hoxe terá lugar o segundo debate entre José Luis Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy (para evitar suspicacias: o orde é o que teñen pactado para as intervencións) de cara ás eleccións xerais do vindeiro 9 de marzo. Non vin o do pasado luns. Dime unha compañeira que si o fixo que foi a cousa máis parecida a un xuízo que vira en moito tempo. Cada unha das partes foi facendo as alegacións que lle interesaba sen contestar ó que lle dicía o contrario: falando cada un do que pensaba lle beneficiaba, pero sen entrar en discusión algunha nin contestar preguntas incómodas. Menos mal, seguía ela, que Manuel Campo Vidal (moderador do debate)non tivo que ditar sentenza ó final. Si, dixen eu, porque as conclusións finais (que foi o único que cheguei a ver) foron decepcionantes as dos dous.