986 86 59 90
SC Avogados Blog

A alma da toga: reflexións dende un pequeno despacho de avogacía

SC Avogados Blog

Demanda e denuncia non son o mesmo

Aínda que poida parecelo xa que a miúdo se usan indistintamente, demanda e denuncia non son a mesma cousa. Así, a demanda é o escrito polo cal a parte actora (demandante) formula as súas pretensións ante os órganos da xurisdición civil (artigo 399 da Lei de...

SC Avogados Blog

– Léoche os teus dereitos?

- Léoche os teus dereitos? - E logo non os sabes de memoria? Isto, ou algo parecido, forma parte dun diálogo do capítulo de onte da serie Matalobos, que emiten na TVG. Para os que non coñezades a trama, dicir que xira ao redor dunha familia de narcotraficantes e da...

Merece todo o mundo ser defendido?

Escoito casualmente na radio parte dun programa no que se fan esta pregunta, á que penso que todos os que nos adicamos á avogacía (e se levamos cuestións penais, con máis frecuencia) tivemos que contestar nalgunha ocasión. Trátase de se alguén que ten toda a pinta de...

Linguaxe e igualdade

A miña falta de formación lingüística impídeme defender cos argumentos necesarios o que penso sobre feminizar a linguaxe. Ven isto a conto, como é fácil supoñer, non xa despois do erro cometido pola Ministra de Igualdade Bibiana Aído, senón pola defensa que a...

Sustos

Que os xulgados existen para que a xente poida solucionar os seus conflitos cando non é quen de facelo doutro xeito é unha realidade. Pero tamén o é que o feito de acudir á xustiza non debe ser tomado como un xogo; pois, ás veces, as consecuencias deses actos non son...

Uso do galego na xustiza

Por casualidade, botándolle unha ollada rápida ás novas en Chuza, entereime de que o Consello Xeral do Poder Xudicial lle abrira un expediente á titular do Xulgado do Social nº2 de Santiago de Compostela, Dona Ana López-Suevos, á que se acusaba de "sectarismo e...

Fidelidade

O venres 8 de febreiro, o programa Máis Berberechos da Radio Galega emitiuse dende Pontevedra, co gallo do día do enterro de Ravachol, evento que marca a fin do entroido na cidade. Como oínte esporádica dos berberechos, decidín achegarme ate o Café Moderno, que era...

O Debate, segunda parte

Hoxe terá lugar o segundo debate entre José Luis Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy (para evitar suspicacias: o orde é o que teñen pactado para as intervencións) de cara ás eleccións xerais do vindeiro 9 de marzo. Non vin o do pasado luns. Dime unha compañeira que si...

Desistimento e renuncia non son o mesmo

Estase a falar estes días en todos os medios de comunicación dun tema bastante delicado, como é a reclamación que o condutor dun coche que atropelou a un ciclista de dezasete anos (falecido no accidente) fai ós pais da vítima polos danos sufridos no seu vehículo.Como...

Novos delitos contra a seguridade vial

A casualidade fixo que antonte, 1 de decembro, entrase en vigor a modificación do Código Penal en materia de delitos contra a seguridade no tráfico, e hoxe tivera un Xuízo Rápido precisamente por alcoholemia. Aínda non sei como será aplicación práctica da lei, pero...