986 86 59 90
SC Avogados Áreas de actuación

Áreas de actuación

A nosa actuación non se limita á dirección letrada ante xulgados e tribunais, senón que tratamos de asesorar á nosa clientela dende o primeiro momento no que xorde unha dúbida ou problema, con especial atención ao asesoramento previo e a resolución extraxudicial de conflitos.

Coñecemos a lei

O noso compromiso profesional fainos estar en continúa formación, grazas ao cal podemos asesorar e intervir tanto nas áreas máis clásicas do dereito como en aquelas derivadas da evolución social e normativa.

SC Avogados Áreas de actuación
SC Avogados Áreas de actuación

Administrativo

• estranxeiría
• expropiacións
• procedementos sancionadores
• reclamacións patrimoniais á administración.
• urbanismo
• sancións “lei mordaza”
• protección de datos de carácter persoal

Seguridade Social

• Tramitación de todo tipo de prestacións da Seguridade Social, tales como incapacidade temporal, impugnación de alta médica, incapacidades permanentes laborais ou xubilación
• Intervención nos procedementos xudiciais que puideran derivarse das devanditas materias para o caso de non ter obtido una solución satisfactoria na vía administrativa.
• Recursos de Suplicación e Casación

SC Avogados Áreas de actuación

Mercantil e societario

• Actuacións ante os Xulgados do Mercantil, con especial atención ao dereito concursal.
• Asesoramento en mediación mercantil.
• Redacción de estatutos e asesoramento na constitución de sociedades.
• Asistencia a xuntas e redacción de actas.
• Trámites ante a Oficina Española de Patentes e Marcas.

Penal

• Intervención en procedementos penais de todo tipo: (delitos graves, menos graves ou leves) dende a primeira declaración policial ou xudicial, exercitando tanto a defensa como a acusación particular.
• redacción de denuncias e querelas.
• participación activa na fase de instrución penal.
• intervención en procesos derivados da lei de responsabilidade penal do menor.

SC Avogados Áreas de actuación

Laboral

• Despedimentos.
• Tramitación de procedementos administrativos previos á vía xudicial (Inspección de Traballo, Tesourería Xeral da Seguridade Social, etc.).
• Personación en dilixencias penais derivadas de accidentes de traballo, así como defensa no procedemento penal posterior de seguirse este.
• Intervención en procedementos xudiciais (incluída a asistencia a conciliación previa ante o SMAC cando sexa preceptiva), en todas as súas instancias e ante todos os órganos xurisdicionais competentes.

Civil

  • Reclamacións de cantidade (procedemento monitorio).
  • Arrendamentos urbanos, e propiedade horizontal. Dereitos reais.
  • Separacións e divorcios: garda e custodia compartida; filiación e paternidade. Mediación familiar.
  • Sucesións: redacción de disposicións mortis causa (Lei de Dereito Civil de Galicia); aceptación e partición de herdanza e declaración de herdeiros.
  • Reclamación de responsabilidade civil en caso de accidente de tráfico.
  • Dereitos de consumidores e usuarios: cláusulas solo e demais cláusulas abusivas en préstamos hipotecarios, produtos bancarios complexos; preferentes e obrigacións subordinadas; gastos hipotecarios, créditos ao consumo, etc.
SC Avogados Áreas de actuación

Gagos de Mendoza, 2 – 5º Oficinas 1-2, 36001 Pontevedra, Galicia