986 86 59 90

Debo ser un bicho raro, pero a min gústanme os luns.

Ao contrario que moita xente que aborrece o inicio da semana, para min este é un dos mellores días, pois durante sábado e domingo son quen de deixar un pouco de lado o traballo e pensar (e facer) outras cousas. E digo “un pouco”, porque unha profesión como a nosa é imposible esquecela.

En primeiro lugar, porque é francamente difícil parar a actividade mental derivada do exercicio da avogacía: sempre hai algo rebulindo nos miolos. E en segundo… porque para o hipotético caso de que un poida chegar a desconectar de todo, aí están os teléfonos intelixentes para lembrarnos que non estamos sós 😉 Aínda que hei de dicir que os meus clientes son moi respectuosos cos horarios de traballo, sempre hai alguén que acorda en pedir unha cita ou mandar unha mensaxe en fin de semana. Pero por sorte, non é o habitual. Grazas por ser considerados!

Este fin de semana tocou quedar en casa. Ler e cociñar. E descansar o suficiente como para chegar ao despacho con tantas ganas de traballar, e que nin unha avaría de Lexnet Abogacía lle estrague a un o día.

Pero seguro que son moitos os que hoxe andarían a cantaruxar aquela canción de Bob Geldof.

YouTube

By loading the video, you agree to YouTube's privacy policy.
Learn more

Load video

Fonte: Youtube.